As últimas entradas do noso blogue

venres, 15 de setembro de 2017

Presentación profesional de Eva Uriach (@evauriach)


Boas. O meu nome é Eva, son licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Actualmente e dende o mes de maio deste ano estou na procura "activa" dun emprego, quizais esta sexa unha das tantas razóns que me impulsaron a facer este posgrado de Orientación...😃😃...motivos e razóns que comparto de maneira gráfica nesta nube de ideas.                    
                                                                                    
A miña vida profesional comeza en temas de RRHH xa que traballei durante 10 anos en empresas de traballo temporal e consultorías como técnica de selección de persoal, administración de persoal, consultora comercial, etc....temas bastante relacionados coa orientación en moitos casos e que me fixeron apreciar moito este tema.

Nos últimos dez anos virei un pouco a miña traxectoria profesional xa que traballei como Socióloga no Observatorio do Emprego da Xunta de Galicia e neste campo descubrín que me encantaba o tema da análise en profundidade do mercado de traballo a través da observación de todo tipo de estatísticas, elaboración de informes relacionados co tema, etc..ademáis colaborei co servizo de orientación en temas de Garantía Xuvenil e Loita contra o Fraude o cal fíxome de novo tomar contacto co mundo da orientación e darme conta da necesidade que teño de seguir formándome neste campo. 


SIGUEME EN TWITTER  https://twitter.com/evauriach




Presentación profesional de Ana Sánchez (@VilarinoSanchez)




Son Ana Sánchez e son traballadora social; gustaríame comezar a miña presentación cunhas verbas de Mary Wollstonecraf "É xustiza e non caridade o que o mundo necesita" por iso creo no traballo social e en poder ser axente de cambio para o empoderamento das persoas.

Durante a miña traxectoria profesional tento que este pensamento estea presente,para iso tiven e teño a sorte de compartir sinerxías coas persoas coas que traballo.

Aínda que é certo que a miña carreira profesional comezou no ámbito sanitario aos poucos fun facendo camiño no mundo da formación e orientación laboral.  Durante case cinco anos fun formadora en diferentes organismos impartindo certificados de profesionalidade e formación prelaboral.Actualmente traballo como orientadora laboral nun programa de emprego que traballa con persoas en risco de exclusión social; cada día descubro que con apoio e motivación pódense conseguir obxectivos que aínda que parezan pequenos supoñen grandes cambios.

Coma profesional do ámbito social penso que outro mundo é posible e os profesionais do sector temos unha gran responsabilidade!

Gustaríame compartir con vos esta nube de palabras que define un pouco o que levo facendo e tentarei facer o longo da miña carreira profesional.





Sígueme no twitter :)

Aquí vos deixo un vídeo dun programa no que puiden poñer un grao de area, espero que vos guste.






Presentación profesional de Sofía Díaz Rey (@sofiadiazrey)


O meu nome é Sofía e son Relacións Laborais e Técnico Superior na Rama Administrativa 
e Comercial.

Durante moitos anos traballei por conta propia no sector da asesoría e xestión laboral, contable e fiscal.
Neles, aínda que foron moi duros, aprendín moito e creo que axudei a moita xente.
Desgraciadamente no ano 2009 ca chegada da dichosa crise tiven que pechar e buscar outro emprego por conta allea.

Agora, aínda que estou a traballar e de maneira privilexiada, quero ampliar os meus horizontes coa orientación e intermediación laboral da que sempre sentín envexa e considero unha gran descoñecida.




En canto á nube de palabras que escollín fai fincapé en
todas as miñas inquedanzas, e que me levan acompañando
dende sempre:

                        Relacións Laborais
                        Emprego
                        Igualdade
                        Conciliación
                        Muller






SÍGUEME EN TWITER  https://twitter.com/sofiadiazrey