Durante a miña traxectoria profesional tento que este pensamento estea presente,para iso tiven e teño a sorte de compartir sinerxías coas persoas coas que traballo.
Aínda que é certo que a miña carreira profesional comezou no ámbito sanitario aos poucos fun facendo camiño no mundo da formación e orientación laboral. Durante case cinco anos fun formadora en diferentes organismos impartindo certificados de profesionalidade e formación prelaboral.Actualmente traballo como orientadora laboral nun programa de emprego que traballa con persoas en risco de exclusión social; cada día descubro que con apoio e motivación pódense conseguir obxectivos que aínda que parezan pequenos supoñen grandes cambios.
Coma profesional do ámbito social penso que outro mundo é posible e os profesionais do sector temos unha gran responsabilidade!
Gustaríame compartir con vos esta nube de palabras que define un pouco o que levo facendo e tentarei facer o longo da miña carreira profesional.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvKhyphenhyphenTW_usvsWbWw0N_zeslI7qAUg6rTr8OqLKYc15FjJmRfsaSlozjLma5DuFocRhQAJYTpZ6I-l_SBvENgks8lm58diq2bgURl79SV3mw8iCWytOfoHumcn75yP6zkJfI3Es2GDvSUGJ/s320/prueba1.jpg)
Sígueme no twitter :)
Aquí vos deixo un vídeo dun programa no que puiden poñer un grao de area, espero que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario