Como invitada a este Blog quero compartir con vosotros/as un Programa de Emprego Xuvenil que está a levarse a cabo no Concello de Santiago, desde a Axencia Local de Colocación, e que tén como obxectivo mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas de Santiago fundamentalmente, aínda que pode abarcar tamén a mozos e mozas doutros concellos galegos.
O Programa Plan Xuvenil de Integración profesional "Mocidade con Emprego" Santiago 2017-2020 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Empleo Juvenil e Garantía Xuvenil.
Este Programa está dentro do marco das Axudas Programa Operativo Empleo Juvenil (POEJ)
para o ano 2017, destinadas á integración sostible de persoas novas no eido do traballo e no contexto de Garantía Xuvenil.
Obxectivo xeral
A tasa de desemprego xuvenil é moi elevada aínda que non haxa un censo exacto que recolla o nivel de ocupación da xente nova, posto que:
- Non se parte da misma idade nos censos realizados ( a idade máxima varía entre 25 e 30 anos)
- A xente nova sigue formándose debido a escasez de oportunidades laborais e non se inscribe como demandante de emprego.
- A elevada emigración deste colectivo e fuga de talentos
As persoas novas son as máis vulnerables, son o eslabón máis débil da cadea xeneracional nestes momentos, xa que con independencia do nivel de estudios acadados e tendo en conta os períodos transitorios que atraviesan nas súas vidas:
- Teñen poucas oportunidades
- Realizan traballos de pouca remuneración e/ou de naturaleza temporal
- Carecen de carreira profesional
- Desempeñan traballos para os que teñen unha sobrecualifcación.
Con este Programa búscase estabilizar a formación profesional, a intermediación laboral e o asesoramento dos mozos e mozas demandantes de emprego da cidade, para mellorar a súa empregabilidade para o acceso ao mercado de traballo local e ao emprendemento.
Obxectivos específicos
- Fomentar a cualificación profesional a través dunha formación acreditada por Certificados de Profesionalidade
- Impulsar e/ou mellorar a formación en idiomas e manexo das Tics
- Mellorar as súas competencias e habilidades sociais
- Incentivar a súa contratación e o acceso ao emprego
- Fomentar a cultura emprendedora e o emprendemento
Destinatarios/as
- Mozos/as, maiores de 16 anos e menores de 30
- Desempregados/as, non integrados/as nos sistemas de educación ou formación
- Estar rexistrados/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O Programa lévase a cabo a través do slogan : "Ponte en Marcha"
Os participantes no Programa realizarán un itinerario formativo e laboral personalizado que lles vai a axudar na procura de emprego.
Mellorarán as súas competencias personais e habilidades sociais coa realización de prácticas profesionais non laboráis en empresas relacionadas coa formación adquirida.
Durante todo o Programa disporán tamén dun acompañamento persoalizado de asesoramento que lles axude a construir o seu propio itinerario.
Disporán dunha axuda económica de 350 € ao mes durante o período de realización das actividades formativas e as prácticas
Todas as acción desenvolveranse en 19 itinerarios formativos, donde se formarán a un total de 323 persoas, 17 en cada un deles. En todos eles primaráse a práctica laboral.
Os itinerarios profesionais correspóndense con especialidades profesionais con oportunidades de crecemento e emprego no mercado laboral local.
A avaliación do Programa mediráse polos resultados cuantitativos do proxecto:
Usuarios formados. Con ampliación e mellora da oferta de capacitación técnica.
Usuarios insertados. A mellora da súa empregabilidade permítelles adaptarse as oportunidades de emprego e acceder a un emprego de máis calidade.
Empresas creadas. O desenvolvemento de competencias emprendedoras facilitarálles o autoemprego e/ou emprendemento colectivo.
Para saber más:
Bases da convocatoria Mocidade con Emprego
Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
ResponderEliminar