Elaborado por: Ana Sánchez
MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL
INTRODUCCIÓN
A persoa que desenvolve tarefas de orientación laboral ten que "saber ser", "saber estar" e "saber facer" como vimos no módulo anterior; todo isto é importante xa que a persoa orientada terá dúbidas durante o proceso de orientación e polo tanto é preciso saber cal será a mellor técnica e método para cada caso.
Os modelos de intervención son:
Os principios nos que se deberá rexir a orientación laboral serán:
As fases dun IPI son:
O persoal adicado a orientación laboral dependendo do perfil terá ou non formación empresarial non obstante poder facer asesoramento na posta en marcha dun negocio antes de facer derivacións a servizos especializados.
O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira do mesmo e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade nun proxecto empresarial concreto.
Os pasos previos á elaboración do plan de empresa son:
![]() |
Elaboración propia |
Os principios nos que se deberá rexir a orientación laboral serán:
- Individualización
- Flexibilidade
- Potenciación da autonomía persoal.
ITINERARIOS DE INSERCIÓN
Son é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico
que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional das persoas orientadas que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral.
![]() |
Elaboración propia |
As fases dun IPI son:
- Acollida: benvida e primeira toma de contacto coa persoa orientada.
- Orientación: Acompañamento da persoa orientada
- Formación: que permitirá adquirir ou reforzar comeptencias para aumentar o nivel de empregabilidade.
- Intermediacion: búsqueda de ofertas de emprego.
- Ocupación/Emprego: Seguimento e acompañamento que se realiza a persoa orientada cando comenza a traballar nunha empresa.
- Peche: Fase final do proceso de acompañamento á inserción sociolaboral.
PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN:
A entrevista de traballo é un instrumento que se emprega fundamentalmente con obxectivos de asesoramento por unha banda, e por outra como medio de selección de persoal.
As entrevistas poderán ser dirixidas, semidirixidas, ou grupais.
Como entrevista de selección de persoal deixo un video a modo de reflexión que pode servir para traballar diferentes competencias coas persoas orientadas
ANÁLISIS DO PERFIL PROFESIONAL E PROSPECCIÓN DE EMPREGO
A análise é unha tarefa fundamental para calquera orientador/a laboral o coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións.
É imprescindible facer conxuntamente a lista de recursos de información. Será o momento de reflexionar cales son máis adecuados e o por que. O/a técnico/a pode aproveitar para detectar cal é o nivel do/a usuario/a no coñecemento e manexo dos mesmos.
De forma complementaria, o/a orientador/a debería proporcionar aqueles recursos que considera clave para completar a procura de información.
En NINGÚN caso é indicado que o/a orientador/a realice o acompañamento de forma directiva e sen facer partícipe á persoa usuaria. É imprescindible fomentar un papel activo e participativo.
As fases do proceso de prospección serán:
As fases do proceso de prospección serán:
- Preparatoria: punto de partida e obxectivo da prospección.
- Planificación:identificación e recopilación de información das empresas a prospectar, creación de bases de datos, preparación de material e documentación para enviar, difusión das actividades a realizar dentro dun plan de comunicación.
- Traballo de campo:Comunicación ca empresa
- Evaluación e seguimento: análisis da información recollida, resultados e aspectos de mellora.
TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO O EMPREGO E AUTOEMPREGO
- Ferramentas que se empregan na búsqueda de emprego:
- Carta de presentación
- Curriculum Vitae
- A entrevista de selección
- Probas e test psicotécnicos
- Canles de búsqueda de empleo
- Ferramentas con soporte 2.0.
- Videocurriculum
ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA
O persoal adicado a orientación laboral dependendo do perfil terá ou non formación empresarial non obstante poder facer asesoramento na posta en marcha dun negocio antes de facer derivacións a servizos especializados.
O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira do mesmo e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade nun proxecto empresarial concreto.
Os pasos previos á elaboración do plan de empresa son:
- Estudo de mercado
- Análisis DAFO
- Variables da mercadotecnia
- Segmentación do mercado e a estratexia
- Previsión de vendas
- Análise financiera e económica.
REFLEXIÓN PERSOAL SOBRE O MÓDULO III
Neste módulo exponse o traballo a desenvolver nun IPI, nas clases teóricas os compañeiros a través de dinámicas de grupo poideron explicar a estrutura dun itinerario dentro do servicio público de emprego de Galicia. Boto en falta a explicación teórica das accións a desenvolver dentro de diferentes entidades baixo un modelo común que poida individualizarse.
Por outro lado considero insuficiente a información nas clases presenciais de atención a diferentes persoas que se enclavan dentro dos colectivos en risco de exclusión.
Como comentei na miña sinatura invitada ( pinchar no caso de querer obter máis información) isto pode conlevar a procesos discriminatorios que farán que a intervención fracase.
Como comentei na miña sinatura invitada ( pinchar no caso de querer obter máis información) isto pode conlevar a procesos discriminatorios que farán que a intervención fracase.
.
PARA SABER MAIS.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario