As últimas entradas do noso blogue

Amosando publicacións coa etiqueta mocidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mocidade. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de novembro de 2017

Programa de Emprego Xuvenil : "Mocidade con Emprego"



Como invitada a este Blog quero compartir con vosotros/as un Programa de Emprego Xuvenil que está a levarse a cabo no Concello de Santiago, desde a Axencia Local de Colocación, e que tén como obxectivo mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas de Santiago fundamentalmente, aínda que pode abarcar tamén a mozos e mozas doutros concellos galegos.

O Programa Plan Xuvenil de Integración profesional "Mocidade con Emprego" Santiago 2017-2020 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Empleo Juvenil e  Garantía Xuvenil.

Este Programa está dentro do marco das  Axudas Programa Operativo Empleo Juvenil (POEJ)
para o ano 2017, destinadas á integración sostible de persoas novas no eido do traballo e no contexto de Garantía Xuvenil.

Obxectivo xeral

A tasa de desemprego xuvenil é moi elevada aínda que non haxa un censo exacto que recolla o nivel de ocupación da xente nova, posto que:
  • Non se parte da misma idade nos censos realizados ( a idade máxima varía entre 25 e 30 anos)
  • A xente nova sigue formándose debido a escasez de oportunidades laborais e non se inscribe como demandante de emprego.
  • A elevada emigración deste colectivo e fuga de talentos
As persoas novas son as máis vulnerables, son o eslabón máis débil da cadea xeneracional nestes momentos, xa que con independencia do nivel de estudios acadados e tendo en conta os períodos transitorios que atraviesan nas súas vidas:
  • Teñen poucas oportunidades
  • Realizan traballos de pouca remuneración e/ou de naturaleza temporal
  • Carecen de carreira profesional
  • Desempeñan  traballos  para os que teñen unha sobrecualifcación.
Con este Programa  búscase estabilizar a formación profesional, a intermediación laboral e o asesoramento dos mozos e mozas demandantes de emprego da cidade, para mellorar a súa empregabilidade  para o acceso ao mercado de traballo local e ao emprendemento.

Obxectivos específicos
  • Fomentar a cualificación profesional a través dunha formación acreditada por Certificados de Profesionalidade
  • Impulsar e/ou  mellorar a formación en idiomas e manexo das Tics
  • Mellorar as súas competencias e habilidades sociais
  • Incentivar a súa contratación e o acceso ao emprego
  • Fomentar a cultura emprendedora e o emprendemento

Destinatarios/as
  • Mozos/as, maiores de 16 anos e menores de 30
  • Desempregados/as, non integrados/as nos sistemas de educación ou formación
  • Estar rexistrados/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O Programa lévase a cabo a través do slogan : "Ponte en Marcha"




Os participantes no Programa realizarán un itinerario formativo e laboral personalizado que lles vai a axudar na procura de emprego.

Mellorarán as súas competencias personais e habilidades sociais coa realización de prácticas profesionais non laboráis en empresas relacionadas coa formación adquirida.

Durante todo o Programa disporán  tamén dun acompañamento persoalizado de asesoramento que lles axude a construir o seu propio itinerario.

Disporán dunha axuda económica de 350 € ao mes durante o período de realización das actividades formativas e as prácticas



Todas as acción desenvolveranse en 19 itinerarios formativos, donde se formarán a un total de 323 persoas, 17 en cada un deles. En todos eles primaráse a práctica laboral.
Os itinerarios profesionais correspóndense con especialidades profesionais con oportunidades de crecemento e emprego no mercado laboral local.

A avaliación do Programa mediráse polos resultados cuantitativos do proxecto:

Usuarios formados. Con ampliación e mellora da oferta de capacitación técnica.
Usuarios insertados. A mellora da súa empregabilidade permítelles adaptarse as oportunidades de emprego e acceder a un emprego de máis calidade.
Empresas creadas. O desenvolvemento de competencias emprendedoras facilitarálles o autoemprego e/ou emprendemento colectivo.


Para saber más:

Bases da convocatoria Mocidade con Emprego