As últimas entradas do noso blogue

luns, 16 de outubro de 2017



Elaborado por: Ana Sánchez


UNHA PEQUENA REFLEXIÓN PERSOAL...


¿Que é un PLE (Personal Learning Enviroment)?


Linda Castañeda e Jordi Adell definen un PLE coma “ un conxunto de fontes de información, ferramentas, conexións e actividades que cada persoa emprega de forma asidua para aprender”




Extraido de Youtube.
 


Esta estratexia permítenos a nivel persoal marcar uns obxectivos reais empregando ferramentas diferentes que nos servirá tanto para producir como para compartir información y coñecemento.


Os puntos positivos dun PLE é que se poden fixar obxectivos propios, algo que é máis motivador que seguir una programación ríxida, non existe ningún título nin avaliación posible. Fórmome por interese non pola consecución de un diploma.


Gustaríame reflexionar sobre a importancia dun PLE nos tempos que corren, xa que a sociedade está sometida a continuos cambios e novos procesos polo que se precisa acadar a maior adaptación posible; o emprego das Tics permítenos participar das redes sociais profesionais e converternos en produtores e consumidores de coñecemento libre e aberto, comprender as nosas técnicas de aprendizaxe é unha vantaxe xa que así teremos a posibilidade de que estas poidan ser optimizadas con estes recursos cada vez máis prácticos. De forma transversal isto permitirános ir creado un espiritú crítico.


As fontes de información poden ser dende bibliotecas dixitalizadas, a min particularmente gústame consultar artigos en Dialnet, blogues de consulta frecuente, no meu caso gústame No Soy Asistenta. Soy Trabajadora Social  ou as canles de video coma Vimeo.


Moi importante a conexión que podemos establecer con diferentes persoas que nos aportan mais coñecementos, esa rede de persoas poderemos agrupala a través de grupos específicos dentro de algúnha rede social coma Linkedin ou empregando ferrametas virtuais coma Skype.


Para poder establecer un criterio e a optimización do tempo no #POLAB17 ensinaronnos a empregar dúas ferramentas: Fedddly e Scoop It.


Feedly emprega a tecnoloxía RSS, afórrase tempo na busca e tes información a tempo real nunha única aplicación.






Scoop.it é unha aplicación de curación de contidos e permite crear una páxina que recopile información e recursos sobre un tema determinado.







Durante estes días puiden probalas e as conclusións as que puiden chegar son as necesidades de incluir no meu PLE un apartado para os idiomas, particularmente o inglés xa que as ferramentas que a rede nos proporciona son prácticamente neste idioma e o tempo que pode aforrar Feedly e que me permita que a información cribada axilice o proceso de aprendizaxe.

Outra das conclusións que puiden sacar estes días e que estas ferramentas terán que ser usadas de forma paulatina, xa que se se crean moitos listados pode supoñer un abandono do PLE polo sobre exceso de material, así que penso que é mellor ir engadindo en función do tempo e da disposición que se teña. Así mesmo no proceso de aprendizaxe haberá recursos que non sexan de interese unha vez se interioricen os coñecementos, esta ferramenta permite borrar e engadir contidos sempre que o consideremos preciso.



PARA SABER MÁIS PINCHA NAS PALABRAS...




SCOOP.IT


FEEDLY


Non te esquezas de seguirme en Twitter 😆

Ningún comentario:

Publicar un comentario