As últimas entradas do noso blogue

mércores, 18 de outubro de 2017

Reflexións sobre o meu PLE by Eva Uriach


Novo aprendizaxe, o noso PLE


A estas alturas do Porgrao adentrámonos no apaixoante mundo do aprendizaxe persoal a través do coñecido como PLE. Os Entornos Persoais de Aprendizaxe (PLE así chamados polas súas siglas en Inglés) son sistemas que axudan a tomar o control e a xestión no noso propio aprendizaxe diario. Trátase dunha ferramenta de organización de recursos de Internet que serve para sacar o maior partido posible da tecnoloxía aproveitando o noso esforzo e tempo ao máximo.

Según estamos aprendendo os PLE inclúen a integración dos episodios de aprendizaxe formais e informais nunha experiencia única, o uso de redes sociais e a forma de conectar recursos e sistemas dentro dun espazo xestionado persoalmente. 

Ao contrario do que podía pensar nun inicio, non se trata dunha aplicación nin unha páxina web que poidas descargar como outras tantas que estamos coñecendo día a día, senon que o PLE é algo diferente en cada caso, unha forma de recopilar todas aquelas fontes e información que a nos mesmos nos sirva na nosa labor profesional diaria e que, ao mesmo tempo, permita axudar aos demais e aportarlles valor engadido co noso aprendizaxe.

Na clase adicada a este tema, visionamos unha explicación sobre este tema do profesor/doctor Jordi Adell o cal afirma, e penso que pode ser certo, que cada un de nos temos xa un PLE, sempre existiu, aínda que quizais, no meu caso, aínda non era consciente.


Aqui comparto con vos a imaxe do meu primeiro PLE que penso que nos próximos meses vai a ir crecendo sen dúbida.





Ferramentas para a nosa propia organización

En primeiro lugar coñecemos a existencia do recurso Feedly, o cal nos di que é un lector de feeds moi simple que axuda a congregar toda a información nun mesmo lugar. Eu necesito saber qué é un fedd, non sei se vos pasou o mesmo, pero descubro que un feed é un medio de difusión de contenido web que se emprega para suministrar información actualizada. 

E dicir, que esta ferramenta permítenos acceder a todos os contidos actualizados dunha web na que estés suscrito sen necesidade de consultar a páxina diariamente. Este punto resulta moi interesante xa que paréceme unha forma de aforrar tempo diario nun contexto laboral no que estamos tan cambiante e que nos obriga a estar ao tanto das novas en cada momento. 

Ademais é moi útil xa que evita, coma no meu caso sucede, que te atopes cunha saturación enorme de correos electrónicos na tua bandexa de entrada das diferentes páxinas ou suscripcións nas que estamos anotados. 

Adxunto un tutorial de Feddly que pode servir de axuda.



E aquí vai a miña captura de pantalla do meu Feddly con temas que son do meu interese profesional.



Outra das ferramentas que coñecimos neste tema é o Scoop.it! a cal podemos definir como unha plataforma para mostrar e compartir contidos, xa sexan propios ou de outros sitios web. É gratuito.

Este recurso axuda a atopar contidos referentes a distintos temas e crear as nosas propias revistas dixitais nas que outros usuarios poden inspirarse e acadar bos contidos. A continuación o tutorial para empregar esta util ferramenta.





Eu xa empecei a empregala e comparto con vos o aspecto do meu Scoop.it!.




As miñas preferencias 

Penso que ambas ferramentas son moi últiles e recoñezo que son un descubrimento para min que penso empregar de agora en adiante no meu contorno profesional. Quizais quedaríame co recurso Feddly por diversos motivos como que permíteme gardar os contidos e visualizalos mais tarde, podo levar a cabo busquedas temáticas ademais de permitir organizar os feeds en carpetas. Dunha soa ollada este recurso facilita que poidas ver qué información está actualizada e novos contidos.

En cambio o aspecto, a forma de visualizar as noticias, semella mais atractivo no ferramenta Scoop.it!

Por último engado alguns links de interese con respecto a estes temas:


PARA SABER MÁIS:


Qué é un PLE na Wikipedia


PLE by Jordi Adell


Exemplos de PLE


20 ferramentas para a curación de contidos


SIGUEME EN TWITTER https://twitter.com/evauriach





Ningún comentario:

Publicar un comentario