As últimas entradas do noso blogue

domingo, 1 de outubro de 2017

RESUMO E REFLEXIÓN DO MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

Elaborado por Ana Sánchez

MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA

O Sistema Nacional de Emprego è un conxunto de estruturas, medidas e accións precisas para promover e desenvolver políticas de emprego. Intégrase polo Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE e os servizos públicos de emprego das comunidades autónomas,  No caso de Galicia: Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

O marco da política de emprego actual en España entendido coma conxunto de actuacións dos poderes públicos para alcanzar o pleno emprego propón dúas medidas:
  • Políticas Pasivas se centran nos efectos do desemprego e na protección do mesmo sostendo prestacións das persoas desempregadas e/ou prexubiladas.
  • Políticas Activas: Accións e medidas de orientación, emprego e formación para mellorar as posibilidades de acceso o emprego por conta allea ou propia , o mantemento do emprego e a promoción profesional das persoas ocupadas e o fomento do espírito empresarial y da economía social. O Marco actual das políticas activas de emprego en España fundamentase na Lei 56/2003 que desenvolve un concepto integral de políticas de emprego e indica os seguintes instrumentos de Coordinación do Sistema Nacional de Emprego:
  • A Estratexia Española de Activación para el Emprego.
  • Os Plans Anuais de política de emprego (PAPE
  • Os Sistemas de información dos Servizo Públicos de Emprego.


No tocante a política de emprego en Europea cabe destacar a Estratexia Europea de Emprego 2020 que no seu paquete de medidaS recolle as directrices de emprego, os Programas Nacionais de Reforma, o Informe Conxunto sobre o Emprego, as Recomendacións específicas para cada país e a evolución Social e de Emprego en Europa. Coma prioridades ten o crecemento intelixente, sostible e integrador.A Estratexia europea  financiase con fondos estructurais que proveñen do Federer e FSE.

O MERCADO LABORAL


O mercado de traballo componse por unha parte da oferta de traballo ( poboación activa) e por outro da demanda (cantidade de traballadores que as empresas están dispostos a contratar), e preciso obter un equilibrio entre estas dúas forzas. 

Para obter este equilibrio dúas escolas fundamentais do pensamento económico: a clásica e a keynesiana, ámbalas dúas discrepan sobre situación socioeconómica actual e as casusas e os efectos do desemprego.

  • A formulación clásica manifiesta que a causa do paro son o funcionamentos dos mercados de traballo e a rixidez salarial á baixa 
  • A keynesiana manifesta a insuficiente demanda agrabada da economía como causante principal. 

Os tipos de desemprego 
Figura 1: BAE

  • Paro estrutural: As persoas traballadoras non se adecúan o posto de traballo. 

  • Paro Friccional: Debido as rotacións do emprego. 

  • Paro cíclico: Aumenta nas épocas de recesión debido ó empeoramento das condicións económicas. 

  • Paro Estacional:Actividades económicas que soamente se requiren nunha época especifica do ano

CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL


Unha das labores da orientadora laboral é saber diferenciar cualificación profesional e competencia profesional. A primeira delas refírese o conxunto de competencias profesionais, con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral; a segunda o conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e o emprego.


 Figura 2: Qué é unha competencia.Fonte:INCUAL


O sistema nacional das cualificacións é o elemento central da Formación Profesional con carácter integral.

O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) é o instrumento do Sistema Nacional das Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP) que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación, identificadas no sistema produtivo en función das competencias apropiadas para o exercicio profesional.





POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA

A Unión europea xunto cos gobernos nacionais comparten responsabilidades na política de emprego, asuntos sociais e inclusión. A orixe destes acordos e estratexias remóntase o Tratado de Amsterdam e o Tratado de Lisboa; estes fomentaron a creación de estratexias de emprego sendo a primeira no período 1997-2005, e tras Lisboa 2010-2020 que ten como obxectivos  apoiar a creación de postos de traballo, restablecer a dinámica do mercado de traballo e consolidar a gobernanza das políticas de emprego.

Figura 3: Institucións e organismos comunitarios en materia de emprego. Elaboración propia-

No tocante a mobilidade de traballadores ponse de manifesto a "abolición de calquera discriminación por razón da nacionalidade entre os traballadores dos Estados membros, con respecto ao emprego, a retribución e as demais condicións de traballo"; marca os fundamentos xurídicos e se explica no tocante a libre circulación cales serán os requisitos e normativa para exercer esta mobilidade.

Rede Eures sirve como guía para todalas persoas traballadoras e empresarias que estean interesadas nesta iniciativa.

É importante destacar neste tema os fondos estructurais onde se enclava o Fondo Social Europeo, este investimento alcalnza a todalas persoas pero concéntrase en territorios máis necesitados. As áreas nas que intervén son diversas podendo facer fincapé en: adaptación en procesos de cambio,financiamento a integración continua dos grupos desfavorecidos e persoas con diversidade funcional no mercado de traballo.

Fondo Europeo de adaptación a Globalización (FEAG) axuda os traballadores a atopar emprego e desenvolver novas competencias cando perderon o seu posto de traballo a consecuencia dos cambios comerciais a nivel mundial.




A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO O MERCADO LABORAL




A iniciativa emprendedora surxe coma alternativa a persoas traballadoras en desemprego; isto provoca que as iniciativas estean cun nivel baixo de calidade e por norma xeral se comeza con capital moi reducido.

È preciso afondar na cultura do emprendemento, na innovación e a aprendizaxe continua e o emprego destes mecanismos na creación das empresas.

Para crear unha empresa o primeiro a ser a IDEA, unha vez que se dispón dela e preciso analizar se existe ten cabida no mercado actual e coñecer a viabilidade do proxecto, para isto elabórase un plan de empresa.

Para elaborar o modelo de negocio existe o MODELO CANVAS, é unha ferramenta visual que permite ver o conxunto do proxecto e profundizar de maneira detallada as diferentes partes que se analizan.





Unha persoa emprendedora  será motivadora, con confianza en sí mesma, resiliente e creativa e con competencias e habilidades que lle permitan conseguir o obxectivo final que é a creación dunha empresa. 


Para saber máis consulta estes enlaces:






REFLEXIÓN PERSOAL


A miña reflexión sobre o módulo primero baséase fundamentalmente na importancia da contextualización para nos coma orientadores laborales. Esta toma de contacto permite ver a amplitude de conñecementos e realidades que será precisa para poder facer una intervención individualizada.

Por outro lado considero moi importante a terminoloxía que se emprega neste contexto e a asimilación de novas palabras e conceptos que a pesar de levar anos implantados en moitas ocasións seguen a empregarse termos obsoletos ou incorrectos que fan que as persoas as que atendemos non se lles dé unha información clara e veraz sobre as posibilidades que teñen para o seu empoderamento.





Ningún comentario:

Publicar un comentario