As últimas entradas do noso blogue

xoves, 26 de outubro de 2017

Reflexión unha sesión módulo I. A labor dun Orientador dende un blogue (15/09/17)


1. Qué é un blogue e a súa importancia na labor diaria dun orientador


A importancia das TIC no mundo laboral hoxe en día é indiscutible. Os orientadores laborais temos que saber aproveitar todas as ferramentas postas a nosa disposición para poder chegar dunha forma máis eficaz a todos os nosos "clientes" ou "potenciais clientes" dado que a orientación persigue dous obxectivos básicos: 

A incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas e ao mesmo tempo, que as persoas empregadas manteñan o seu posto e melloren a sua capacidade de empregabilidade. 

Aprender a manexalas supón un esforzo que paga a pena, xa que en Internet podemos compartir multitude de recursos que van a facer o noso traballo máis últil.
Un exemplo destas ferramentas é a construción dun espazo web ou "Blogue" a través do cal podemos racionalizar a entrega de información profesional adaptándoa aos usuarios. Hai que ter en conta que o emprego dun Blogue por parte dun orientador non sustitúe para nada a orientación persoalizada pero sí que contribúe na axuda a persoas que así o precisen, unha persoa ben informada está en mellores condicións de recoñecer as demandas e de ofrecer o seu traballo, está máis presta a competir, ademáis podemos facilitar e compartir información con profesionais do noso ámbito.

Na sesión adicada a este tema o día 15/09/17, Carlos introduciunos no mundo dos blogues comentando con nós a súa utilidade, as súas características, os axustes necesarios para crear un espazo particular noso, como engadir entradas, textos, autores, imaxes, enlaces, etc...

Cinco son as principais características que ten un blogue e que detallamos a continuación:



2. Comezamos a empregar o Blogger. 


A ferramenta empregada para o noso blogue será o "Blogger"





A plataforma Blogger pertence a Google sendo a plataforma lider para aqueles que están empezando no mundo web e ademais é gratuito. As principais vantaxes de Blogger son: capacidade de crear tantos blogues como precises, edición completa de HTML, plantillas prediseñadas e altamente personalizables, gadgets de variados temas, opción de engadir autores extras, estatísticas actualizadas, etc....

Algúns críticos desta plataforma citan as grandes desvantaxes desta plataforma fronte ao seu gran competidor que é Wordpress coma son: poucas opcións SEO, non se poden instalar plugins, 2GB máximo de almacenamento de imaxes, 10 páxinas fixas máximas, debes cumprir as políticas de Google, etc..

Salvadas as disconformidades, nos adentramos no mundo do Blogger en primeiro lugar dando os primeiros pasos á hora de crear un novo blogue, decidir o título do mesmo, a temática, a dirección URL e o deseño do blogue. Quizáis esta parte sexa a máis complicada cando queremos que o noso espazo sexa o máis atractivo posible e ao mesmo tempo o máis doado de atopar e de empregar.

Este é un tutorial que pode axudarnos neste punto de reflexión:



Dende a opción de Configuración podemos engadir autores, aceptar invitacións, decidir as nosas preferencias, idiomas... polo que é necesario acudir a esta opción en numerosas ocasións para que todo esté coma nos decidamos e así deste xeito sexamos vistos. 

3. A primeira entrada nun Blogue


Unha vez creado e configurado o noso Blogue persoal (ou grupal) o gran paso é crear a nosa primeira entrada. E, como escribir nun blogue???? Cando alguén decide crear un blogue é porque ten gañas de compartir algo coa audiencia, algo que mereza a pena que sexa lido e que "se entenda". Pensamos que é fundamental á hora de empezar a escribir e compartir que nos centremos nas persoas ás que vai a ir destiñada a nosa "obra" xa que soamente tendo en conta esta premisa poderemos "triunfar" cos nosos contidos coidando cada palabra escrita ou cada contido amosado.

Quizais o máis importante é non aburrir, suscitar interese e, no caso de que o noso blogue esté centrado na nosa labor como orientadores é fundamental que mostremos información constantemente actualizada.

O apoio de imaxes, enlaces, videos, en certa forma axudan a manter ese interese constante ademais de enriquecer o noso blogue. Nestes puntos, Carlos adicou gran parte da sesión xa que para moitos de nos era a primeira vez que facíamos este tipo de "actividades".





E unha vez rematada a nosa ENTRADA, e confirmada que está lista para poder mostrarse aos demáis, publicamos a mesma e a esperar a entrada de comentarios xunto con algo moi importante:  observar as estatisticas para deste xeito palpable poder comprobar o número de visitas que imos recibindo. 

De novo acudimos aos expertos que indican que o 80% das visitas que chegan a un blogue son novas. Isto quere dicir que unha das grandes tarefas dun blogger é crear unha base sólida de lectores e seguidores para conseguir diminuir esta porcentaxe e fidelizar os lectores. A publicación periódica e actualizada posibilita isto aínda que dende o noso grupo pensamos que se conseguimos axudar a unha soa persoa coas nosas "experiencias" xa merece a pena que decidíramos poñer en marcha esta iniciativa. 


4. Diferentes puntos de vista na utilidade das ferramentas TIC


No noso grupo estivemos dende o inicio de acordo en que ter un bo manexo das tecnoloxías da información e a comunicación como son os portais de emprego,as redes profesionais, os foros e os blogues (tanto de outros profesionais como tamén os nosos mesmos), resulta fundamental para o desenvolvemento óptimo da nosa labor profesional. 

Con todo, unha parte do noso grupo quixo facer fincapé nalgunhas das limitacións que os recursos tecnolóxicos en xeral (non soamente os blogues) poden ter como son: a necesidade de ter infraestructuras axeitadas xa que somos conscientes de que non todo o mundo ten esa posibilidade. Outra limitación que surxiu no debate e que está relacionada coa anterior é a da denominada "fenda dixital" ou as novas desigualdades que se crean entre aqueles que teñen acceso á todo o ámbito tecnolóxico e os que non poden acceder por diferentes circunstancias.

Nun punto no que sí estamos en concordancia é no de que existe unha escasa formación nunha gran parte dos orientadores en xeral no que se refire aos recursos TIC e tamén un descoñecemento das posibilidades que estas ferramentas nos poden aportar. Moitas  estamos sendo conscientes no desenvolvemento deste posgrado. Adaptarse a esta nova realidade require competencias, cualificacións e perfís profesionais máis acordes coas demandas actuais.


Por último e a continuación deixamos o STORIFY magnifico que a nosa compañeira Beatriz levou a cabo sobre a sesión que acabamos de comentar. 

STORIFY da sesión "A labor dun orientador dende un Blogue" (15/09/17) by Beatriz Caneda




Para saber máis

Como iniciar un blogue desde cero
10 regras básicas para ter un blogue legal
El blog en la estrategia para buscar trabajo


O grupo 12 composto por : Eva, Carmen, Sofía, Mireia e Ana estamos en twitter!! seguenos premendo nos nosos nomes 😆


Ningún comentario:

Publicar un comentario