As últimas entradas do noso blogue

sábado, 11 de novembro de 2017

OBRADOIROS DE EMPREGO


Introducción


Antes de iniciar a miña intervención, agradecer ás compañeiras do blogue Orientadoras Galegas a súa invitación.
O contido desta entrada xirará sobre os Obradoiros de Emprego, proxecto no que me atopo inmersa neste momento. Iniciarei a intervención, relatando os aspectos técnicos dos mesmos, para finalizar cunha reflexión persoal sobre a miña experiencia neste eido.

Obradoiros de Emprego


Os Obradoiros de emprego están incluídos dentro das políticas activas de emprego, entre as cales están as medidas dirixidas a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo, no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE) e no eido da colaboración institucional e do diálogo social entre o Goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.
Na Axenda da competitividade «Galicia Industria 4.0» prevese a formación das persoas como un dos compoñentes necesarios do programa de reforzo das persoas e das organizacións, así como a necesidade de que o sistema formativo se oriente ás necesidades da industria que cómpre que se impartan accións formativas vinculadas con certificados de profesionalidade vinculados coa Industria 4.0.

Estes obxectivos recóllense como reto 2 na Axenda 20 para o emprego, a formación e capacitación profesional como panca de cambio no eido laboral e social.

Portada da Axenda 20

Os obradoiros de emprego concíbense como programas mixtos de formación e emprego que, promovidos por entidades locais, están dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

As características para poder acceder como alumno traballador a un Obradoiro son:
- Estar inscritas no Servizo Público de Emprego.
- Ter unha idade igual ou superior aos 18 anos.
- Cumprir cos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade, en caso de ser de nivel 2 ou 3.

Os obradoiros contarán cos seguintes requisitos:

- Unha duración de nove meses, e unha única etapa de formación en alternancia coa práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
- O alumno-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe.
- Impartirase aquela formación complementaria designada polo Servizo Público de Emprego, incluíndo sempre:
  • Alfabetización informática.
  • Sensibilización ambiental.
  • Sensibilización en igualdade de xénero.
- Impartición en materia de prevención de riscos laborais correspondentes á ocupación a desempeñar.
- O alumno-traballador recibirá orientación, asesoramento e información profesional e formación empresarial.
- Asesoramento ao remate do obradoiro tanto para a busca de emprego por conta allea como para o establecemento por conta propia.
- Para aquel alumnado-traballador que non alcanzase os obxectivos da ESO, impartirase formación específica dirixida a obtención do mesmo, preparándoos para as probas correspondentes.


Fuente: Youtube

En canto ao persoal directivo, docente e administrativo do obradoiro o proceso de selección será realizado por unha grupo de traballo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da entidade promotora, ao igual que a selección do alumnado.

O equipo contará cun/ha director/a, un/ha administrativo/a, un/ha orientador/a, un/ha mestre/a de ensino, e os docentes propios do certificado a impartir. As funcións a realizar por cada membro, estarán delimitadas xa nas bases de convocatoria do proceso de selección.


Reflexión Persoal


Levo anos dedicada á docencia no sistema da formación profesional, concretamente na formación ocupacional, pero sempre no eido da empresa privada. Este ano, tiven a oportunidade de acceder aos obradoiros de emprego, o que me permite coñecer outra formas de funcionar como profesional e na miña relación coas alumnas-traballadoras. Cabe dicir, que a experiencia está sendo gratificante, tanto polo meu traballo como docente, como co funcionamento do equipo docente, como o desenvolvemento da formación e relación co alumnado-traballador.




Considero os obradoiros de emprego unha política indispensable de cara a mellorar a formación e empregabilidade das alumnas- traballadoras e favorecer a súa futura inserción laboral. Os obradoiros  ábrenlles en moitos casos vías para poder seguir medrando a nivel profesional, nalgunhas pola falta inicial de formación e experiencia para o acceso ao mercado laboral, noutras por levar un longo período de tempo inactivas.




Para saber máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario