As últimas entradas do noso blogue

martes, 21 de novembro de 2017

Resumo módulo III por Eva Uriach


Tema 11. Intermediación laboral


O derradeiro módulo deste Posgrao aborda en primeiro lugar os Modelos de intervención en Orientación Laboral existentes. 

modelo didáctico é un modelo que bebe do contexto educativo da orientación profesional, onde o aspecto vocacional adquire unha importancia indiscutible e o acto orientador aparece máis como intervención puntual que se desenvolve de forma intermitente en momentos cruciais de transición no ciclo de incorporación-reincorporación ao mundo do traballo. 

modelo de asesoramento parte dun encadre de couseling e fai referencia a como dar resposta a problemas de diferente índole e onde se intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida, permitirlle tomar e responsabilizarse de decisións e mellorar en xeral, as súas capacidades. 

modelo centrado nos recursos recolle as achegas do construcionismo social e do enfoque clínico das terapias breves e sistémicas, da Programación Neurolingüística (PNL), das perspectivas cognitivas do construtivismo, achega novos modos de entender a relación coas persoas en busca de emprego.



Existen unha serie de tendencias cara as que se dirixen os cambios en orientación no marco profesional da UE. Entre outros destacaría que a orientación concíbese cada vez máis como un proceso continuo que se inicia nas primeiras idades do individuo e remata ao final da súa vida e ademáis, que a orientación non se concibe como algo periférico ou marxinal ao propio marco escolar. 

Os principios nos que debe basearse a orientación son a INDIVIDUALIZACIÓN, a FLEXIBILIDADE e O DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA. Podemos definir a atención individualizada como o acto no que se acordan os pasos a realizar para conseguir un óptimo desenvolvemento do itinerario de inserción profesional. Tamén as accións grupais son un instrumento a considerar para traballar algúns aspectos en concreto dentro do proceso de intervención (talleres de recursos persoais, talleres de busca de emprego). 


Atención á diversidade: Igualdade e Inclusión Social


A clave para combater a discriminación dos colectivos con maior dificultade de acceso ao mercado laboral é coñecer cales son os factores determinantes destas situacións de desigualdade e tratar despois de incidir neles a través da nosa intervención.

En todas as intervencións de orientación é fundamental realizar un bo diagnóstico inicial, e dicir, coñecer a situación de partida de cada persoa para orientar a intervención en función das súas necesidades reais. Coñecer as súas dificultades, os obstáculos, as capacidades e as oportunidades das persoas e do seu ámbito, é un punto de partida necesario no deseño de proxectos de emprego que teñan como obxectivo mellorar as capacidades persoais e profesionais que permitan ás persoas responder axeitadamente ás demandas de emprego do mercado de traballo.

Perfil do orientador laboral



FUNCIÓNS

1. Realizar entrevistas ocupacionais e de clasificación.

2. Realizar orientacións laborais.

3. Informar e asesorar a usuarios/as, empresas e entidades.

4. Seguimentos a persoas usuarias, entidades e empresas.

5. Impartir formación en técnicas de busca de emprego e igualdade de oportunidades

6. Xestión de ofertas e consultas.

7. Elaboración de informes.

8. Xestión de prácticas prelaborais despois dos cursos de formación e titorías.

9. Xestión de baixas.





Tema 12: Itinerarios de inserción


Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral. 

A tres fases do itinerario son:

- Un diagnóstico personalizado
- Unha intervención orientadora na que coexisten actividades individuais e actividades grupais.
- Unha supervisión ou avaliación continua. 





Tema 13: Procesos individuais de orientación e axudas na toma de decisións



Entrevista de orientación laboral e de selección. 


A entrevista é un proceso de comunicación entre dúas ou máis persoas que ten como finalidade ben definida: determinar a adecuación do/a candidato a un determinado posto de traballo.

É unha proba na que de forma individual e directa, tense oportunidade de sacar proveito a todo o traballo realizado ata ese momento convencendo ao entrevistador ao entrevistadores de que un é o máis idoneo para o posto. 

Tipos de entrevistas:
- Entrevista dirixida: O entrevistador fai preguntas concretas e moi específicas ao entrevistado dándolle pouca marxe de resposta.
- Entrevista semidirixida: O entrevistador fai preguntas concretas pero deixando algunhas abertas nas que se pode expoñer algún tema de xeito libre ou espontáneo.
- Entrevista grupal: Convócanse entre seis e dez candidatos e faise unha simulación de situación grupal na que se debate sobre algún tema para chegar a unhas conclusións. 


TIPOS Y CARACTERISTICAS DAS ENTREVISTAS



A entrevista de orientación laboral ten como obxectivo establecer os obxectivos profesionais da persoa orientada. Para iso necesitamos coñecer o seu curriculum, a súa ocupabilidade, a súa empregabilidade e a súa dispoñibilidade. Intentaremos estructurala seguindo a seguinte orde de asuntos a tratar:

1. Presentación
2. Análise das circunstancias persoais.
3. Formación e perfeccionamento
4. Experiencia profesional
5. Actitudes e expectativas ante o emprego.


Entrevista de selección por competencias


Este tipo de entrevista permítenos diferenciar o rendemento medio do excelente, diferenciarnos dos nosos competidores e achéganos valor engadido que favorece a atracción e retención de potencial. As competencias son as habilidades que unha persoa tivo que utilizar para acadar uns resultados. Son conductas e maneiras de facer dos que presentan un resultado excelente. 

A orientador laboral na Unión Europea


Na actualidade, os distintos Estados da comunidade dispoñen de sistemas de orientación diferentes, debido a que os seus sistemas educativos e laborais tamén son diferentes. Se a isto engadimos que cada Estado ten a súa propia tradición en orientación, chegamos á conclusión de que a organización dos servizos de orientación non responde a un único modelo, nin presenta estructuras administrativas idénticas.





Tema 14: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego


O coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características de cada unha das ocupacións debe ser unha tarefa fundamental dos Orientadores/as Laborais. Este proceso é necesario para dar información a os seus orientados , á vez que para saber cales son as necesidades que teñen ( habilidades sociolaborais, formación, coñecementos, competencias... ) ou se é adecuado ou non para un posto en concreto.
De forma complementaria, o Orientador debería proporcionar aqueles recursos que considere clave para completar a búsqueda de información.
O exercicio principal para traballar a análise do posto de traballo consiste en propoñer ao usuario que busque información sobre as ocupacións obxecto do estudo e identifique cales son as principais características que ofrecen e demandan nos puestos de traballo da súa interese. 

É importante que en todo momento, o usuario adopte un papel activo e participativo, ten que tener a su propia autonomía no proceso.

No proceso de búsqueda de información sobre os postos de traballo, podemos realizar tamén unha análise funcional da ocupación, que servirá para ir enfocando o proceso de orientación e para que o usuario profundice nas competencias laboráis necesarias para ese determinado posto.


Prospección empresarial


Acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como proporcionar solucións, ademáis de sensibilizar ao empresiarado sobre os colectivos obxeto de inserción laboral e das suas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social.

A prospección como ferramenta de apoio á labor dos orientadores laborais nos permite:

- Obter información do texido productivo
- Detectar necesidades de emprego. Axustar oferta e demanda
- Dar a coñecer os recursos a nivel de empleo.

Fases:

Preparatoria: coñecer o perfil do posto, coñecer o perfil da persoa demandante, delimitar o ámbito da prospección.
Planificación: Identificar empresas, identificación de variables e indicadores, elaborar o catálogo de servizos, elaboración de soportes de traballo, selección de empresas según o obxectivo a perseguir.
Execución ou de traballo de campo: toma de contacto coas empresas, preparación e desenvolvemento das visitas.
Evaluación e seguimento. Análisise de datos, interpretación dos resultados e realizar un seguimiento periódico das actuacións.

Hai unha serie de instrumentos necesarios para levar a cabo a prospección de empresas:

- Datos sobre as empresas
- Guión para a preparación das visitas
- Modelo de carta ou mail para dirixirse á empresa
- Folletos informativos.




Tema 15: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego 


Existe unha variedade moi ampla de canles por onde circulan as ofertas de trabalo. É importante que o usuario recoñeza cada un deles e os utilice de forma eficaz. Bolsas de traballo, prensa xeralista, convocatorias de emprego público, intermediarios entre a oferta e a demanda (Servizos Públicos de Emprego, etc...) Autocandidaturas, Networking, etc..

Para traballar a AUTOCANDIDATURA existen diferentes pasos: Acotar o número de empresas, localizar as organizacións, poñerse en contacto con empresas, enviar curriculums e cartas de presentación, facer seguimento. 

En cuanto aos curriculums é imprescindible mostrar á persoa cales son os apartados que debe conter un bo curriculum, datos persoais, formación, experiencia profesional, idiomas, informática e outros apartados opcionais como o obxectivo laboral, as competencias clave, as referencias, os logros, voluntariado, afeccións ou publicacións. 

E cun bo curriculum elaborado as opcións de obter o posto desexado aumentan:


Ademais da entrevista tradicional de selección, debemos informar á persoa orientada de outras probas como son as probas profesionais (consistente na avaliación de coñecementos concretos) probas de cultura xeral, probas motivacionais, probas de personalidade, test aptitudinal, análise grafolóxico, assestmen center, dinámicas de grupo, networking.

Tema 16: Plan de empresa: estudo de viabilidade 



Ante a falta de oportunidades no mundo laboral queda a alternativa de optar polo Autoemprego e o Emprendemento, por iso é necesario adquirir e/ou ter os coñecementos de cómo elaborar e interpretar un Plan de Empresa, a análise de viabilidade....


Tras profundizar xa nas necesidades do estudo de mercado (Módulo I) e ter elaborado un boceto de Plan de Empresa, perfeccionamos a estratexia para o éxito do noso proxecto.

O Estudo Económico Financeiro condensa e cuantifica a información obtida nos diferentes apartados do Plan de Empresa. É necesario ter instrumentos de análise e interpretación do acontecido, o rexistro do cal foi efectuado e dispón de información documental pertinente, balances e contas de resultados.

Para isto profundizamos na análise económico-financeira e no estudo de viabilidade da empresa. Trátase dun resumo cuantitativo e cualitativo que permitirá a toma dunha decisión relevante: o inicio da posta en marcha dunha empresa.

Ao longo deste tema ímonos familiarizando coa terminoloxía empregada nas Análises de Viabilidade da Empresa e o significado de termos como Van, Tir, Activo, Pasivo, Balances, etc...



Ningún comentario:

Publicar un comentario