As últimas entradas do noso blogue

luns, 20 de novembro de 2017

REFLEXIÓN MÓDULO III

Elaborado por: Ana Sánchez


MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL


INTRODUCCIÓN


A persoa que desenvolve tarefas de orientación laboral ten que "saber ser", "saber estar" e "saber facer" como vimos no módulo anterior; todo isto é importante xa que a persoa orientada terá dúbidas durante o proceso de orientación e polo tanto é preciso saber cal será a mellor técnica e método para cada caso.

Os modelos de intervención son:


Elaboración propia

Os principios nos que se deberá rexir a orientación laboral serán:
  • Individualización
  • Flexibilidade
  • Potenciación da autonomía persoal.

ITINERARIOS DE INSERCIÓN


Son é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico 

que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional das persoas orientadas que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual  e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral. 

Elaboración propia


As fases dun IPI son:

  • Acollida: benvida e primeira toma de contacto coa persoa orientada.
  • Orientación: Acompañamento da persoa orientada
  • Formación: que permitirá adquirir ou reforzar comeptencias para aumentar o nivel de empregabilidade.
  • Intermediacion: búsqueda de ofertas de emprego.
  • Ocupación/Emprego: Seguimento e acompañamento que se realiza a persoa orientada cando comenza a traballar nunha empresa.
  • Peche: Fase final do proceso de acompañamento á inserción sociolaboral.

PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN:


A entrevista de traballo é un instrumento que se emprega fundamentalmente  con obxectivos de asesoramento por unha banda, e por outra como medio de selección de persoal.

As entrevistas poderán ser dirixidas, semidirixidas, ou grupais.

Como entrevista de selección de persoal deixo un video a modo de reflexión que pode servir para traballar diferentes competencias coas persoas orientadas




ANÁLISIS DO PERFIL PROFESIONAL E PROSPECCIÓN DE EMPREGO


A análise é unha  tarefa fundamental para calquera orientador/a laboral o coñecemento dos postos de  traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada  unha das ocupacións.

É imprescindible facer conxuntamente a lista de recursos de información. Será o momento de reflexionar cales son máis adecuados e o por que. O/a técnico/a pode aproveitar para detectar cal é o nivel do/a usuario/a no coñecemento e manexo dos mesmos. 
De forma complementaria, o/a orientador/a debería proporcionar aqueles recursos que considera clave para completar a procura de información.  

En NINGÚN caso é indicado que o/a orientador/a realice o acompañamento de forma directiva e sen facer partícipe á persoa usuaria.   É imprescindible fomentar un papel activo e participativo.  

As fases do proceso de prospección serán:

  • Preparatoria: punto de partida e obxectivo da prospección.
  • Planificación:identificación e recopilación de información das empresas a prospectar, creación de bases de datos, preparación de material e documentación para enviar, difusión das actividades a realizar dentro dun plan de comunicación.
  • Traballo de campo:Comunicación ca empresa
  • Evaluación e seguimento: análisis da información recollida, resultados e aspectos de mellora.

TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO O EMPREGO E AUTOEMPREGO


  • Ferramentas que se empregan  na búsqueda de emprego: 
    • Carta de presentación
    • Curriculum Vitae
    • A entrevista de selección
    • Probas e test psicotécnicos
    • Canles de búsqueda de empleo 
    • Ferramentas con soporte 2.0.
    • Videocurriculum





ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA


O persoal adicado a orientación laboral dependendo do perfil terá ou non formación empresarial non obstante poder facer asesoramento na posta en marcha dun negocio antes de facer derivacións a servizos especializados.

O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira do mesmo e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade nun proxecto empresarial concreto.

Os pasos previos á elaboración do plan de empresa son:
  • Estudo de mercado
  • Análisis DAFO
  • Variables da mercadotecnia
  • Segmentación do mercado e a estratexia
  • Previsión de vendas
  • Análise financiera e económica.
O/a orientador/a laboral é quen pode ofrecer ás persoas en situación de desemprego ferramentas útiles para a súa busca de emprego, nun entorno cada día máis cambiante, no que é necesario facer cada vez, máis rápidos axustes.


REFLEXIÓN PERSOAL SOBRE O MÓDULO III


Neste módulo exponse o traballo a desenvolver nun IPI, nas clases teóricas os compañeiros a través de dinámicas de grupo poideron explicar a estrutura dun itinerario dentro do servicio público de emprego de Galicia. Boto en falta a explicación teórica das accións a desenvolver dentro de diferentes entidades baixo un modelo común que poida individualizarse.

Por outro lado considero insuficiente a información nas clases presenciais de atención a diferentes persoas que se enclavan dentro dos colectivos en risco de exclusión.

Como comentei na miña sinatura invitada ( pinchar no caso de querer obter máis información) isto pode conlevar a procesos discriminatorios que farán que a intervención fracase.


.

PARA SABER MAIS.....











Ningún comentario:

Publicar un comentario